"Queremos unha nuncia", reclaman ao Papa as Mulleres Cristiás Galegas
Por Oskar Viéitez
A Asociación Mulleres Cristiás Galegas Exeria fixo chegar a toda a igrexa católica española a carta-proposta "Queremos unha nuncia". Trátase dunha campaña apoiada por outras moitas asociacións e grupos, de mulleres e mixtos, na que solicitan que se teña en conta ás mulleres no próximo nomeamento da persoa que vai ocupar a Nunciatura en España.
O texto incide no papel, "relevante e necesario", das mulleres na igrexa española, e está a obter un importante apoio desde que foi lanzada a proposta o pasado xoves 15, día da Asunción da Virxe.
As mulleres cristiás de base, din na súa carta, "queremos facer oír a nosa voz neste proceso de elección" xa que senten que "este é o momento de botar a andar un soño: o soño de ver a unha muller dirixir unha Nunciatura na Igrexa católica".
Ante o patriarcado reinante na Iglesia, desde a asociación Exeria lembran que "as mulleres levamos moito tempo facendo moito e bo traballo calado na Iglesia, demostrando cos nosos feitos ser boas xestoras, boas teólogas e estar implicadas a fondo na xestión eficiente do traballo pastoral".
Por iso solicitan ao Papa Francisco que á hora de elixir ao seu novo representante en España "teña presente nas súas deliberacións ás mulleres desta Igrexa que se renova cada día cos seus xestos e palabras, accións que nos fan sentir a todos que outra Igrexa é posible".
Por certo que a súa carta foi escrita en castelán, galego, eúscaro e catalán.