Un can pontevedrés aprendeu a escribir
Por Mónica Patxot & Almu Dapena
Sorprendentemente, en Pontevedra hai un can que sabe escribir.
Os veciños da rúa San Antoniño pregúntanse desde hai unha semana cal é o animal que sabe usar o computador e que se encargou de escribir un cartel no que se arrepinte de "facer pipí" na fachada dun dos locais.
O "mellor amigo do home" asina o cartel e pide desculpas pola falta de civismo da persoa que o saca a pasear "sempre lle pido ao meu dono que me achegue ao campo de aquí á beira, pero como el non está educado e non respecta aos demais, pasa do tema", pódese ler.
Os empregados da tenda na que apareceu o papel, estaban sorprendidos de que o dono se dese por aludido e empezase a levar ao seu can a mear a outro lado, xa que desde que está colgado, non volveron a limpar ningún pis de ningún animal.
No barrio de San Antoniño, igual que noutras zonas da cidade, son múltiples as queixas veciñais pola falta de humanidade das persoas que non recollen os excrementos dos seus cans e piden que teñan conciencia e respecto pola cidadanía.