A nova executiva local de Cidadáns márcase como obxectivo "duplicar" a cifra de afiliados
Por Oskar Viéitez
O concelleiro de Cidadáns en Pontevedra, Goyo Revenga, ofreceu este xoves unha rolda de prensa para presentar á nova Executiva desta agrupación política.
A Executiva local de Cidadáns Pontevedra está conformada por cinco persoas. O concelleiro Goyo Revenga é o "enlace municipal" e Miguel Ángel Castro actuará como coordinador da Agrupación de Pontevedra e secretario provincial de Programas e Áreas Sectoriais de Cidadáns.
Pola súa banda, Silvia Villaverde vai ser a figura que coordine que se colga nas redes sociais en relación cos candidatos, unha función á que en Cidadáns denominan 'redic'. Ramiro Ferreira será o secretario da Agrupación de Pontevedra e, finalmente, Luismi Lamas o responsable de "Cidadanía e Loxística".
Miguel Ángel Castro explicou que entre os obxectivos que se marcan para esta nova etapa atópase "un crecimiento a nivel local en el número de afiliados", actualmente son uns cen e aspiran a "duplicar" esa cifra de afiliados de pago.
Ademais a nova directiva traballará para "dar apoyo a las nuevas agrupaciones que seguimos creando cada día", apuntou o coordinador da Agrupación de Cidadáns Pontevedra.
Neste sentido, Miguel Ángel Castro considera que para a expansión do seu partido en Galicia "la clave es la implantación" e a súa estratexia debe ser "seguir nuestra propia línea" desmarcándose doutras formacións políticas e reivindicándose "como un partido de centro, liberal y progresista" e engadiu que ademais "no tenemos mochilas de corrupción como tienen otros, esa es nuestra principal ventaja que nos diferencia desde hace mucho tiempo del Partido Popular".
Pola súa banda, Goyo Revenga avanzou que nos próximos días presentará ao equipo que lle axudará no labor municipal "una estructura de gobierno pero trasladada a la oposición" que pretende que sea "constructiva".
Esta presentación tamén serviu para dar a coñecer a nova sede desta formación política, localizada nun baixo do edificio número 5 da céntrica rúa Augusto González Besada.