Conta atrás para a "Gran festa volta ao cole"
Por Redacción
O martes 17 de setembro, o Centro Comercial Urbano (CCU) Zona Monumental, celebrará a "Gran festa volta ao cole" de 16:30 a 20:30 horas.
Para iso, organizaranse distintas actividades repartidas nas diferentes Prazas da Zona Monumental de Pontevedra.
Na Rúa Sierra, diante do Mercado de Abastos, haberá unha gran pista americana multiaventura e na Praza de Curros Enríquez, un taller de grafiti e un rocódromo de oito metros de altura.
A ludoteca creativa e o taller pintacaras estará na Praza de Méndez Núñez, e o taller creativo en Valentín García Escudeiro.
Por úlitmo, a gran festa da escuma celebrarase na Praza de Mugartegui ás 18:30 horas na que se incluirá animación musical.
Desde o CCU Zona Monumental, animan a todos os clientes e veciños a gozar desta "Gran fiesta vuelta al cole".