Éxito no sorteo da campaña municipal ‘Volta ao Cole’ con preto de 30.000 papeletas
Por Redacción
Cunha alta participación, 30.000 papeletas, desenvolveuse a campaña municipal 'Volta ao Cole' para optar aos sete vales de 700 euros repartidos entre a clientela dos 300 establecementos adheridos a esta proposta.
A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, presidía este martes o acto do sorteo celebrado na Casa da Luz no que se extraían os nomes das sete persoas que gañaron vales por unha cantidade de cen euros repartidos nesta campaña. Agora poderán trocalos por produtos nos establecementos que se sumaron a esta iniciativa.
Nesta ocasión, sumáronse establecementos de zonas como Monte Porreiro, A Parda e O Burgo. A concelleira sinalou que na segunda edición a intención é ampliar a proposta a todas as parroquias do rural.
As persoas gañadoras dispoñerán dun mes, a partir deste mércores 25, para trocar o vale íntegro nos 300 establecementos comerciais, entre os que se atopan desde librerías a florerías pasando por xogueterías, xoierías, herbolarios ou mueblerías.
Yoya Blanco afirma que esta campaña ten a intención de incentivar as compras no comercio local da cidade durante este período de moito gasto con motivo do inicio do curso escolar.