Mosquera sobre os patinetes eléctricos: "A norma está clara, o que hai son infraccións"
Por Manu Otero
O vicepresidente da Deputación, César Mosquera, referiuse este venres á polémica xurdida esta semana sobre o uso de patinetes eléctricos en Pontevedra despois da imposición de dúas sancións a dous usuarios. Unha, por circular pola autoestrada; e outro, por facelo pola beirarrúa e baixo os efectos do alcol. "En Pontevedra poden circular pola calzada. A norma está clara, o que hai son infraccións", sentenciou o concelleiro, en referencia á recomendación de Pedaladas de non utilizar estes aparello pola "inseguridade xurídica" que existe.
"A única dúbida que hai e se nas estradas interurbanas, se acepta ou non que circulen pola calzada", puntualizou o vicepresidente da Deputación, que criticou aos usuarios destes vehículos que pensan que "como vou nun patinete estou facendo algo extraordinariamente bo e teño dereito a infrinxir".
Sobre a normativa, explicou Mosquera que por vías interurbanas, autovías ou autoestradas non poden circular porque non están catalogados como vehículos. Ademais tampouco poden facelo polas beirarrúas, por onde só poden camiñar peóns, cadeiras de rodas ou persoas que camiñen a pé arrastrando unha bicicleta ou moto.
Tamén se referiu ás ordenanzas municipais que regulan o uso destes vehículos como a aprobada polo Concello de Barcelona. "Fixeron unha normativa que non é competencia municipal, calquera pode ir ao Xulgado e ou tumba", concluíu.