Sogama repartirá minicontedores para apoiar a loita contra o cancro de mama
Este sábado 19 de outubro celébrase o Día Mundial contra o Cancro de Mama, un tumor que se presenta con frecuencia entre as mulleres occidentais. A empresa pública Sogama decidiu unirse a esta causa cunha campaña de entrega de minicontedores de cor rosa co lema 'Sempre contigo'.
A intención é dar visibilidade a esta enfermidade a través dunha edición limitada destes pequenos contedores. Desta forma, Sogama (Sociedade Galega do Medio Ambiente) quere alentar ás mulleres que padecen esta enfermidade para continuar na loita. Desde este organismo de xestión de medio amibente e que promove a saúde e o bens da cidadanía, lémbrase que esta enfermidade pódese vencer. E destaca a importancia que ten o diagnóstico precoz para combater o desenvolvemento deste cancro.
Durante os próximos días, a Sociedade Galega do Medio Ambiente entregará en diversas actividades educativas en centros de Galicia e en charlas destinadas a colectivos sociais estes minicontenedores rosa para que os menores e os maiores garden pequenos obxectos como bolígrafos ou lapis.
A campaña presentábase por Javier Domínguez Liño, presidente de Sogama e por Isidro García Téllez, director xeral de Sogama.