A Ferrería píntase de rosa contra o cancro de mama
Por Redacción & Cristina Saiz
Este venres 19 de outubro celebráronse actos con motivo do Día Mundial do Cancro de Mama. É o cancro máis común entre as mulleres. Unha enfermidade que se visibiliza coa cor rosa para falar daquelas mulleres que recobraron a alegría por ser sobreviventes e na que se lanza unha mensaxe: o cancro de mama non sempre no final, pódese curar.
A Praza da Ferrería en Pontevedra tamén se tinguiu desta cor como unha maneira sinxela de mostrar apoio e solidariedade a todas as persoas que se atopan inmersas nesta loita.
A responsable da delegación pontevedresa da Asociación española contra o cancro, Marisé Crespo, informou que no que levamos de ano xa se diagnosticaron un total de 730 novos casos na provincia, dos cales preto de 200 foron detectados na área sanitaria de Pontevedra.
Menos de 1% das persoas afectadas por cancro de mama son homes.