Carmela Silva tampouco presentará este ano no Parlamento galego as contas da Deputación
Por Oskar Viéitez
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, tampouco presentará este ano no Parlamento galego as contas da institución provincial.
Así o comunicou este luns cunha carta ao presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices, na que lle recorda "que as administracións locais non están supeditadas a ningunha outra administración, e que é a propia Constitución a que establece o principio de autonomía local que debe ser respectado por todas as administracións".
Por elo, Silva informa que o orzamento da Deputación de Pontevedra se presentará "no órgano ante o que hai que presentalo que é o pleno provincial, onde se defenderán os seus criterios e os seus contidos, e no que a oposición terá a posibilidade, como ten que ser, de presentar as súas alternativas e posicionamentos".
Na carta a Santalices, Carmela Silva reiterou a súa plena disposición a sentarse a falar co presidente da Xunta de Galicia.
En todo caso, Silva sinalou tamén que o orzamento da Deputación se remitirá ao órgano autonómico competente tal e como así se sinala nas normas legais.
Relacionadas:
-
O pleno da Deputación aproba o orzamento para o próximo ano
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
O PP cualifica os orzamentos da Deputación como "anti provincia e anti concellos"
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación presenta un orzamento de 161 millóns de euros
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
Carmela Silva: "Eu non son submisa e tampouco colaboracionista"
Por Oskar Viéitez |
-
Novo plantón de Carmela Silva ao Parlamento ante os "ataques políticos" do PP
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Carmela Silva: "Que quede claro á Xunta de Galicia que se acabaron os tempos de control da administración local"
Por Oskar Viéitez |