Sanxenxo será o destino piloto para monitorar os indicadores de turismo sustentable
Por Redacción
Sanxenxo é o destino elixido para poñer en marcha un sistema de monitoraxe de indicadores de turismo sustentable, unha iniciativa conxunta de SEGITTUR e o Concello de Sanxenxo, que se enmarca dentro da Rede de Destinos Turísticos Intelixentes, impulsada pola Secretaría de Estado de Turismo.
O acordo de colaboración para a creación deste sistema foi subscrito este luns entre o presidente de SEGITTUR, Enrique Martínez, e o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín.
A secretaria de Estado de Turismo, Isabel Oliver, explicou que esta iniciativa "contribuirá a mellorar a competitividade dos destinos nacionais e das súas empresas, a través do impulso da transformación sustentable do sector turístico e a transición cara a un modelo de desenvolvemento que permita reducir a pegada de carbono e hídrica dos destinos".
Pola súa banda, o alcalde de Sanxenxo destacou que "Sanxenxo ten claro que o turismo, ou é sustentable ou non ten futuro".
O sistema de monitoraxe integrará información dos consumos de enerxía, auga e xeración de residuos que se producen nun municipio procedentes de distintos provedores e empresas xestoras dos servizos públicos, así como daqueles usuarios interesados en compartir a súa información. Todo será de gran utilidade para levar a cabo unha xestión máis eficiente e sustentable do municipio.
O Real Club Náutico de Sanxenxo acolleu este luns a xornada Uso e xestión eficiente dos recursos naturais para un turismo sustentable.
Na súa intervención neste foro a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva asegurou que "hai que tomarse moi en serio a sustentabilidade" e que "temos que pasar das palabras aos feitos xa que o futuro da humanidade depende de que tomemos decisións e o fagamos xa".
Ademais Dirk Glaesser, director de Desenvolvemento Sustentable do Turismo na Organización Mundial de Turismo falou sobre sustentabilidade, unha peza clave no desenvolvemento do turismo".
Tamén tivo lugar unha mesa redonda sobre boas prácticas na xestión dos recursos naturais no ámbito do turismo e abordáronse cuestións relacionadas co turismo intelixente e a comercialización on line.
Relacionadas:
-
Sanxenxo estrea un sistema para analizar o seu turismo e orientalo cara a sustentabilidade
Por Redacción |
-
Sanxenxo adquire 200 novos composteiros e un punto limpo móbil
Por Redacción |
-
O Concello de Sanxenxo analiza as alegacións dos hostaleiros á ordenanza de terrazas antes de aprobala
Por Redacción |
-
A xestión dos recursos naturais para obter un turismo intelixente e sustentable, a debate en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Pontevedra forma parte da rede estatal de Destinos Turísticos Intelixentes
Por Oskar Viéitez & Redacción |
-
Sanxenxo e O Grove solicitarán conxuntamente unha axuda para ser destinos turísticos intelixentes
Por Redacción |