Unha fuga de gas nun sumidoiro obriga a desaloxar un edificio en Cambados
Por Redacción
Unha fuga de gas nun sumidoiro obrigou esta tarde a desaloxar, por precaución, ás vivendas dun edificio da Rúa de Manuel Murguía, en Cambados.
Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros de Ribadumia, a Policía Local e os efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil, tras ser alertados polo 112 Galicia nada mais recibir o aviso dun particular, ás 16:00 horas.
Tamén, os xestores do 112 deron coñecemento dos feitos ao persoal da empresa subministradora do gas que abastece a zona.
Unha vez no punto e despois de facer as correspondentes medicións, que deron negativas, os Bombeiros confirmaron que as persoas desaloxadas xa podían volver ás súas vivendas.