Tres axentes fora de servizo atrapan un home que acababa de roubar fronte ao bar no que estaban a comer
Por Oskar Viéitez
Axentes da Policía Nacional da Comisaría Provincial de Pontevedra procederon á identificación e detención dun individuo de 38 anos, veciño de Redondela, con antecedentes policiais, como presunto autor dun delito de furto.
Os feitos sucederon o pasado domingo día 7 de xullo sobre as 15.07 horas da tarde.
Tres axentes libres de servizo encontrábanse comendo nun establecemento próximo situado no ámbito da rúa Arcebispo Malvar escoitaron un grande alboroto nun bar próximo e descubriron que lle acababan de substraer a unha muller a carteira e un teléfono móbil que tiña depositado na mesa da terraza.
Os axentes observaron un individuo que saía correndo dende a Praza do Peirao en dirección á Avenida de Uruguai polo que iniciaron unha persecución que culminou coa súa detención á altura do número 23 da mesma rúa onde unha patrulla policial procedeu á identificación deste.
Os axentes procederon á detención do individuo por un delito de furto e ao seu traslado a dependencias policiais.
Tras un cacheo de seguridade fóronlle intervidos o moedeiro e o teléfono móbil, que os axentes entregaron á súa lexítima propietaria.