A seguridade vial tamén é cousa de nenos
Por Oskar Viéitez
A Fundación RACE, en colaboración co Concello de Sanxenxo e a Policía Local, levan ao paseo de Praza do Mar a campaña de seguridade vial 'Race Fia Action For Road Safety'.
Esta iniciativa está dirixida aos nenos e maiores de 65 anos para conciencialos a reducir o risco de accidentes de tráfico.
Cada ano falecen en España máis de 2.400 persoas e 120.000 resultan feridas. Un dos colectivos con maior risco son os nenos, os mozos e os maiores de 65 anos.
Esta campaña enmárcase dentro da estratexia global de Seguridade Vial das Nacións Unidas e da FIA para a década 2011-2020.
Na aula móbil desenvólvense os diferentes obradoiros didácticos impartidos por un equipo de psicólogos e monitores especializados en Educación vial, así como Policías Locais.
Do 9 ao 12 de Xullo, o programa formará máis de 1000 escolares e asistentes en xornadas abertas.
En horario de mañá, asistirán escolares concertados a través do Concello de Sanxenxo, e en horario de tarde as instalacións estarán abertas a toda a cidadanía.