Parabéns da Xunta aos colexios Campolongo, Crespo Rivas e Luis Seoane
Por Redacción
A Xunta de Galicia trasladoulle os seus parabéns os CEIP Campolongo, do EEI Crespo Rivas e do IES Luis Seoane.
O director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, José Manuel Pinal, visitou estes tres centros da cidade de Pontevedra que participan no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares para comprobar o traballo desenvolvido en relación ao fomento da lectura entre a comunidade escolar.
Pinal animou as comunidades educativas destes tres centros a continuar coa súa labor de cara ao curso que acaba de comenzar, destacando o excelente traballo que se está a desenvolver nos dous colexios e no instituto pontevedreses e animándoos así a participar na nova convocatoria do plan que xa foi publicada no DOG.
O director xeral tamén puido saudar e coñecer a nova directiva da ANPA do CEIP Campolongo recentemente constituída.
Os 22 colexios e institutos da cidade do Lérez que forman parte deste proxecto reciben 79.000 euros de achega.
Destes datos resulta moi significativo que o 62% dos IES estean xa no plan. Iso quere dicir que houbo comunidades educativas comprometidas coa biblioteca, interese pola innovación educativa e que a lectura, os libros e as novas tecnoloxías forman cada día máis, parte da vida habitual dos centros, explicou Pinal, quen recordou que o sector xuvenil, e en especial os adolescentes, constitúen un colectivo de risco en temas de lectura, polo que hai que atendelos con estratexias innovadoras, organizando espazos e tempos para a lectura e acompañándoos na súa formación como lectores.