Complicacións circulatorias en Poio por un accidente entre un turismo e un autobús
Por Redacción
Un accidente entre un turismo e un autobús de liña regular de viaxeiros causou á primeira hora da mañá deste venres complicacións circulatorias na avenida da Barca, en Poio.
Segundo a información facilitada pola Policía Local de Poio, o accidente produciuse sobre as 9.00 horas deste venres na Barca nunha punto que está considerado como de "alta concentración de accidentes".
O accidente consistiu nunha colisión entre un turismo e un autobús da liña regular de viaxeiros que fai o percorrido entre Vilagarcía e Pontevedra que nese momento levaba ocupantes.
Foi necesaria a intervención dunha ambulancia do 061 para atender á condutora do turismo, que sufriu un ataque de ansiedade, e tamén de axentes da Policía Local de Poio, que regularon o tráfico na zona. A circulación foi lenta ao tratarse dunha hora punta de tráfico na zona.