Dá positivo en cannabis tras verse involucrado nun accidente con dous feridos, un deles menor de idade
Por Redacción
Un condutor deu positivo en drogas, concretamente en cannabis, despois de verse involucrado nun accidente de tráfico no centro de Marín.
Segundo informa a Policía Local, o suceso tivo lugar durante a tarde do xoves na rúa Jaime Janer.
Tratouse dunha colisión por alcance, cando un dos vehículos detívose nun paso de peóns e o que lle seguía golpeoulle por detrás provocando danos materiais e que dúas persoas resultasen feridas, unha delas unha menor, de 10 anos de idade.
Ata o lugar achegáronse efectivos da Policía Local de Marín, que realizaron as pertinentes probas aos condutores dando un deles positivo no test de drogas.
Ademais das dilixencias penais que se poidan abrir, este condutor foi multado con 1.000 euros e a perda de 6 puntos do carné por un presunto delito contra a seguridade do tráfico.