Alerta laranxa por temporal costeiro nas Rías Baixas a partir da medianoite
Por Redacción
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta acaba de activar unha alerta laranxa por temporal costeiro que afecta ao litoral de Pontevedra a partir desta medianoite.
Esta alertar realízase en virtude da información da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), que alerta de que a partir desta medianoite espérase temporal costeiro que afectará ao litoral da provincia de A Coruña e as Rias Baixas na provincia de Pontevedra.
A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes ou paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.
Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.