Día de cucañas no Mestre Landín
Por Redacción
O IES Mestre Landín celebrou a XI Edición das Cucañas. O obxectivo desta actividade é fomentar a cohesión entre o alumnado, en especial os recentemente chegados, a través dun xogo de pistas nunha xornada distendida con toda a comunidade educativa.
Novamente participou o alumnado e profesorado de 6º do CEIP Carballal, para iniciar a transición entre primaria e secundaria. Desta forma os futuros alumnos de secundaria familiarízanse co centro, o profesorado e as instalacións.
O alumnado tivo que superar as 20 probas supervisadas por xuíces, alumnos voluntarios do centro. Os retos provocaban todas as emocións e reflexión nos participantes.
A xornada transcorreu con cordialidade e civismo entre compañeiros. Os alumnos do instituto tiveron a oportunidade de reencontrarse cos seus compañeiros e profesores do colexio.