Volve a campaña de Nadal de Meniños: un pequeno agasallo para lograr sorrisos de menores sen recursos
Por Redacción
A Fundación Meniños volve poñer en marcha a súa procura de cómplices dos magos de Oriente para estas festas do Nadal. Trátase da sexta ocasión na que se organiza esta actividade de recollida de xoguetes novos para familias do municipio que se atopan con escasos recursos económicos.
Esta iniciativa que se xestiona a través do programa "(en)Volve" desde o departamento da Fundación Meniños na Casa Azul, no centro histórico, céntrase en menores de idade pertencentes a familias desfavorecidas que deben escribir unha carta aos Reis Magos con tres desexos. Despois esa carta trasládase aos colaboradores na campaña a través de whatsapp ou por correo para que adquiran algunha das peticións dos menores. O prezo máximo do agasallo establécese en 35 euros.
O cómplice deberá entregar o agasallo entre o 9 e o 26 de decembro na Casa Azul, en Sor Lucía número 2, en horario de oficina. Despois desde a Fundación faise chegar o agasallo ás familias que o precisan.
As persoas que queiran participar poden presentar a súa solicitude a través desta ligazón ou chamando aos teléfonos 604.024.103 e 678.754.933.
Relacionadas:
-
A pandemia adianta e fai máis necesaria a campaña de agasallos de Nadal 'En-volve'
Por Redacción |
-
Os cómplices dos Reis Magos cumpren os desexos de 588 menores de familias desfavorecidas
Por Redacción |
-
Campaña municipal para evitar os agasallos sexistas
Por Oskar Viéitez |
-
Grazas aos cómplices dos Reis Magos todos os nenos do concello terán agasallo
Por Redacción |
-
RADIO.- Conversas na Ferrería: Sumando solidariedade tamén en Nadal
Por Marisa Ciordia |