A Garda Civil reforzará a súa presenza en Vilagarcía de Arousa
Por Redacción
O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, informou ao alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela que a Garda Civil ten previsto reforzar a súa presenza na vila arousá cunha intensificación do labor nos ámbitos dos servizos fiscal e de fronteiras.
O delegado do Goberno interesouse polo estado das conversacións entre o Concello e o Instituto Armado para achegar as instalacións á súa área de traballo.
Durante a conversación con Varela, ambos os mandatarios abordaron a situación da Garda Civil no municipio, onde as competencias en materia de seguridade cidadá están en mans da Policía Nacional e a Policía Local. A actividade dos axentes do primeiro corpo está centradas no ámbito portuario, en concreto nos ámbitos fiscal e de fronteiras.
Dado o interese da Garda Civil por reforzar a súa presenza en Vilagarcía de Arousa, o obxectivo deste organismo é achegar a súa localización á área do porto.