Papá Noel fai escala na Casa Niño da Lama
Por Redacción
Aínda non é Noiteboa pero Papá Noel xa se deixou ver pola Lama. Nunha actividade promovida polo persoal de Servizos Sociais do Concello, a Casa Niño recibiu este venres unha visita moi especial. Chegado desde Laponia, entregou agasallos aos pequenos, que non podían borrar os sorrisos dos seus rostros.
Os usuarios deste centro orientado a conciliar a vida laboral e familiar no mundo rural recibiron os xoguetes grazas ás doazóns de veciños e empresas de todo o municipio. O tenente de alcalde, David Carrera, agradeceu ao persoal de Servizos Sociais e a todos os que colaboraron a súa implicación para conseguir un sorriso dos nenos e nenas nestas datas tan sinaladas.