O auditorio José Raído "Patelas" de Cuntis ofrece unha nova cara
Por Redacción
Coa chegada do novo ano remataron as obras de acondicionamento no auditorio José Raído "Patelas" do Concello de Cuntis. As obras supuxeron un gasto de 29.907 euros, financiados con fondos propios municipais nunha cifra de 19.738 e cunha achega da consellería de Cultura que se sitúa en 10.168 euros.
As obras consistiron, segundo indican desde o goberno local, na eliminación de barreiras arquitectónicas coa dotación dunha rampla para que se posibilite o acceso de persoas con mobilidade reducida.
Instalouse tarima flotante no solo e tamén butacas para o público. Ademais ofrécese unha nova iluminación no chan que se complementa co pintado e vernizado da base que se atopaba moi desgastada polo uso frecuente que os usuarios dan a estas instalacións.
Desde o goberno local de Cuntis queren realizar aínda máis melloras ao longo de 2020 neste centro que é o espazo establecido para numerosas actividades para a veciñanza, desde música a teatro pasando por talleres de lecer. Ademais, o auditorio José Raído "Patelas" acolle a oficina de información xuvenil.