A xuízo por construír unha casa sen licenza en Vilagarcía
Por Natalia Puga
O Xulgado do Penal número 2 de Pontevedra xulgará este xoves unha veciña de Vilagarcia de Arousa que no ano 2014 realizou obras de construción dunha vivenda de planta baixa nesta localidade carecendo de autorización urbanística da Xunta de Galicia e de licenza urbanística municipal.
A Fiscalía pide que sexa condenada a un ano e 9 meses de prisión e o pago de multa de 16 meses a razón dunha cota diaria de 6 euros como autora dun delito contra a ordenación do territorio e especifica que as obras se realizaron en chan non urbanizable con especial protección de cultivos, non sendo autorizada a construción, xa que se atopa en solo rústico.
O escrito de acusación da Fiscalía mantén que incumpriu o parámetro de superficie mínima de parcela de 3.000 metros cadrados para construír unha edificación de 137,84 metros cadrados e tamén detalla que despois de comezadas as obras, foi denegada a licenza de obra menor para construción de galpón na parcela referida.
Os feitos son constitutivos dun delito contra a ordenación do territorio en relación cos preceptos derivados da Lei de Vivenda de Galicia en tanto que considera o chan onde se executa a edificación con finalidade presidencial, un chan rústico de protección especial agropecuaria do artigo, que é uso prohibido.