A Carballeira de Mirón amáñase para a Festa de San Antonio
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas executa estes días a roza de toda a Carballeira de Mirón e zonas de ao redor de cara á celebración durante a vindeira fin de semana das Festas de San Antonio.
Os traballos desenvólvense tamén no campo de fútbol e no camiño de acceso á instalación deportiva, que tamén é empregada como campo da festa no día da celebración patronal.
As festas comezarán o venres 17 coas tradcionales poxas de San Antonio e o sábado 18 terá lugar a misa solmene en honra a San Antonio e xa durante a noite chegará a quenda das orquestras Trébol e La Ola Adn. Tamén o sábado celebraranse poxas a partir da medianoite.
Por outra banda, dous tramos que se atopaban en mal estado da estrada provincial de Anceu foron reasfaltados pola Deputación a pedimento do goberno local de Ponte Caldelas. O firme foi reposto xa que estaba deteriorado polo paso habitual de vehículos e veciñanza.