Dúas persoas resultan feridas nun accidente de tráfico en Cambados
Por Oskar Viéitez
Dúas persoas resultaron feridas esta madrugada nun accidente de tráfico rexistrado no concello de Cambados.
Segundo informaron desde Protección Civil de Cambados, o sinistro tivo lugar ás 03:37 horas deste sábado na ponte de Cobas de Lobos, na estrada provincial EP-9506 ao seu paso pola parroquia de Vilariño.
Como consecuencia da colisión resultaron feridos o copiloto e a pasaxeira dun dos vehículos.
Trátase dun home de 32 anos, coas iniciais M.A.V.N. e veciño de Cambados. A pasaxeira tamén é veciña de Cambados, con iniciais A. L. B. e de 29 anos de idade.
Ambos presentaban un cadro con dor lumbar, torácico, cervical e en extremidades superiores e inferiores.
A condutora do outro vehículo resulta ilesa.