O PP propón ao Concello que acometa o seu proxecto de humanización de Liñares
Por Oskar Viéitez
O portavoz do PP de Poio, Ángel Moldes, fixo público este domingo a humanización que propón o seu grupo municipal popular para o lugar de Liñares.
Trátase dunha "proposta aberta", que pode ser modificada, mesmo suxeriu ao goberno local que consulte cos veciños "que son os que a van a disfrutar", indica Moldes.
O voceiro do PP lembra que Liñares merece que se fagan inversións "e se mellore a calidade de vida dos seus veciños e veciñas".
Moldes incidiu en que a actuación "non tería un custo económico moi elevado".
Os populares fan fincapé en que esta xa foi unha proposta que fixeron en campaña electoral e "por responsabilidade e por ser o programa máis ampliamente votado" entenden que é una humanización que ten que facerse realidade.
Ángel Moldes explicou que esta humanización que propoñen contaría cun espacio resguardado que sería de utilidade para varias funcións e outra zona con bancada que os días que se organizara algún evento serviría de graderío.