Mosto e Sura, dous cans abandonados na provincia que atopan nova familia en Xixón e Madrid
Por Sara Iglesias
O Centro de Acollida e Protección de Animais da Deputación de Pontevedra (CAAN) despídese de Mosto e Sura, dous dos cans que se encontraban no centro e que atoparon un novo fogar fóra de Galicia, en concreto en Xixón e Madrid . As persoas que adoptaron a Mosto e Sura viñeron expresamente desde os seus lugares de residencia para levarse a estes cans, que residían desde finais do pasado ano no centro.
Sura é unha mestiza dun ano que ten cruce de setter. Fora recollida en Sanxenxo tras ser abandonada a finais de decembro. Os seus novos donos visitaron o CAAN nas vacacións de Nadal para informarse sobre as adopcións, pero ao ver a Sura todo cambiou: a búsqueda de información transformouse en amor a primeira vista.
Roberto Seijo, o seu adoptante, asegurou que "fomos coa idea máis que nada de informarnos para adoptar un cachorro. A verdade é que alí dan ganas de levarse a todos, pero a nós se nos cruzou a cariña de Sura. Estaba moi tranquiliña. E por fin, a pasada fin de semana fomos a por ela e xa está en casa".
Ademáis, Sura estáse adaptando moi ben ao seu novo fogar. "É moi boa, e aínda que é un cambio grande en casa, porque é a primeira vez que temos un can, a verdade é que nos recompensa", comenta o seu novo dono.
Por outra banda, Mosto, un mestizo dun ano de idade que foi abandonado en Crecente no mes de novembro tivo tamén a mesma sorte que Sura. O seu novo fogar establécese en Xixón, dende onde viñeron José Luis Bernedo e Carmen Velasco para integralo na súa familia.
Trala morte do seu anterior can no Nadal, contactaron co CAAN a través da páxina web para informarse sobre un can en concreto. Tras comprobar que o elixido non cumpría as características que eles buscaban, barallaron outros catro e decidiron viaxar a Meis para coñecelos.
Así atoparon a Mosto, que foi o elixido e que tamén se está adaptando moi ben a súa nova contorna. Para esta parella é o seu segundo can adoptado, "e é unha experiencia que recomendaría", subliña José Luis, que louva o trato recibido polo persoal do centro.
Relacionadas:
-
Aumentan as adopcións de cans do Centro de Acollida da Armenteira
Por Redacción |
-
RADIO.- Podcans rebate os misteriosos casos de "o can que..."
Por Redacción |
-
Rexístranse máis de tres abandonos de cans a diario na provincia
Por Redacción |
-
A recuperación de Salo, un Yorkshire abandonado en pésimas condicións que se pode adoptar
Por Redacción |