Concepción Arenal recupera o tráfico tras as obras de humanización
Por Redacción
Despois de tres días de traballo intensivo, na noite deste xoves 23 abríase ao tráfico a céntrica rúa de Concepción Arenal onde se desenvolven obras de humanización coa substitución das canalizacións subterráneas.
O corte iniciábase ás 09.15 horas do martes e obrigou a cambios na mobilización de vehículos por esta contorna.
Polo momento, a Rúa Pitanxo mantense cortada á circulación rodada polos mesmos motivos, segundo a información facilitada desde o Concello de Marín. Desta forma, aquelas persoas que queiran acceder a través da Rúa Pitanxo ata Concepción Arenal deberán desviarse pola Rúa Coteiros.
As medidas de corte non afectan á cidadanía residente nesta zona e que queira deixar o seu vehículo nos garaxes.