Unha nova fronte atravesará as Rías Baixas esta semana
Por Redacción
Espérase unha semana de ceos cubertos con chuvias persisentes que afectarán sobre todo a metade sur de Galicia, según a previsión meteorolóxica do servicio de Meteogalicia. A fin de semana prevése con abundantes nubes e chuvias..
Unha nova fronte atravesará Galicia neste luns. Agárdase unha xornada de ceos anubrados con chuvias máis intensas durante a tarde, especialmente na metade oeste de Galicia. Nas Rías Baixas a chuvia persistirá todo o día.
As temperaturas mínimas experimentaron un notable ascenso, mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos ou con lixeiros ascensos. En Pontevedra a mínima será de 12 grados e a máxima de 15. Os ventos soprarán do suroeste, fortes no litoral e zonas altas e moderados no resto.
O martes Galicia continuará na influencia das baixas presións, polo que de novo agardamos unha xornada de ceos anubrados e chuvias que comezarán polo sur durante a mañá e co avance do día irán chegando a toda a comunidade.
As chuvias continuarán sendo persistentes na metade sur galega durante toda a xornada. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso ata os 10 graos na zona de Pontevedra, mentres que as máximas ascenderán ata os 15 graos. O vento soprará frouxo de compoñente sur.
Unha fronte moi activa afectará o mércores a Galicia, deixando ceos con abundantes nubes e precipitacións. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso en xeral, con mínimas de 11 graos y máximas de 16 graos en Pontevedra. Os ventos soprarán fortes de compoñente sur.
Para o xoves non se agardan cambios significativos xa que Galicia continúa na influencia das borrascas atlánticas con réxime de ventos do suroeste. Así, agárdanse ceos cubertos, con chuvias máis persistentes na provincia de Pontevedra. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, chegando ata os 13 graos en Pontevedra e cunha máxima de 16 graos. O vento soprará moderado do suroeste.
Durante a fin de semana as temperaturas continuarán sen variacións significativas. A fin de semana espéranse ceos con abundantes nubes e chuvias, máis cuantiosas nas provincias atlánticas.