Sorprenden tres mozos roubando no Pavillón da Cañota
Por Oskar Viéitez
A Policía Nacional na madrugada do domingo 26 de de a Comisaría de Marín, detiveron in fraganti a tres persoas, de 26 e 19 anos respectivamente, veciños de Marín, un deles con antecedentes policiais cando se atopaban cometendo un delito de roubo con forza no pavillón de deportes da Cañota.
Segundo informaron fontes oficiais da Policía Nacional, os feitos tiveron lugar na madrugada do día 26 de xaneiro sobre as 03.30 horas cando uns axentes que se atopaban levando a cabo labores de prevención da seguridade cidadá oíron ruídos sospeitosos procedentes do pavillón municipal.
Os axentes efectuaron unha inspección ocular e observaron que a porta de acceso ao pavillón atopábase forzada e o bombín da fechadura roto.
Os axentes accederon ao interior e nun primeiro momento sorprenderon a unha muller que tratou de esconderse. Tras efectuar unha inspección máis detallada detectaron a dúas persoas máis, dous homes.
Aos detidos interviñéronselles diversas ferramentas que utilizaron para acceder ao lugar e forzar as máquinas expendedoras existentes no mesmo.
Unha vez identificados os tres individuos foron detidos polos axentes policiais polo roubo con forza. As tres persoas, foron postas ao dispor da autoridade xudicial na mañá deste luns.