Os traballadores de Sercoysa aceptan as condicións do ERE extintivo
Por Oskar Viéitez
Os traballadores de Sercoysa decidiron aceptar as condicións da empresa para o ERE extintivo e a redución de salarios.
Nunha asemblea celebrada na tarde do luns, ratificaron o acordo acadado esa mesma mañá entre o comité de empresa e a dirección de Sercoysa.
En concreto, houbo 24 votos a favor, 19 en contra, 3 abstencións e un voto en branco.
A proposta da dirección de Sercoysa é de 20 días por ano traballado e achega 50.000 euros a repartir entre os 36 traballadores afectados polo expediente de extinción ademais dunha redución de salarios para os outros 9 traballadores.