Mariscadoras que se reivindican a través da arte
Por Redacción
Tomar como punto de partida a tradición artesanal do traballo con cunchas das vilas costeiras de Galicia para levalo ao ámbito da creación e xerar unha obra que reivindicase e dese visibilidade ao seu labor como mariscadoras. Esta idea constituía o punto de partida do proxecto que a profesora da Facultade de Belas Artes Natividad Bermejo levou a cabo cun grupo de mariscadoras pertencentes á Asociación de Mulleres do Mar de Arousa.
Baixo o título de 12 mulleres do mar. Vilanova de Arousa, esta actividade levou ás participantes a elaborar, nun "taller experimental", obxectos escultóricos que reproducen en gran formato o símbolo da muller valéndose das cunchas como materia prima.
A Asociación de Mulleres do Mar de Arousa "créase para promover o papel activo das mulleres que están vinculadas ao mundo do mar", apunta Bermejo, que sinala nese senso que o obxectivo deste proxecto era precisamente "desde a arte, tratar de dar visibilidade e por en valor o seu labor e a elas mesmas".
Nese senso, explica que se tratou dun "traballo colaborativo", no que "non era tan interesante o obxecto que se puidese xerar como o propio proceso", que esta docente define como "un interruptor para crear unha situación na que elas entren en contacto coa arte e elaboren algo que lles represente", según explica en el Diario de la Universidade de Vigo.