Lavado de cara para o futuro comedor do colexio de A Reigosa
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas comenzou estes días a limpeza exterior do módulo para o comedor do colexio de A Reigosa, con motivo de finalizar proximamente a súa implantación. As paredes exteriores e o porche da entrada, que xa presentaban un aspecto de sucidade, foron limpados polos operarios municipais coa axuda dunha máquina hidrolimpiadora. Con esta acción o Concello continúa o lavado de cara que comezou xa o pasado mes de xaneiro coa nova capa de pintura que levaron as paredes interiores do recinto.
A Asociación de Nais e Pais (ANPA) foi quen solicitou dita limpeza e segue a ultimar detalles cara a posta en marcha do servizo de comedor despois de que o institudo recibera no mes de septembro o módulo prefabricado. A infraestructura foi dividida en dous para os colexios de A Reigosa e A Carballeira, xa que previamente encontrábase noutro centro educativo.
A inversión foi asumida finalmente pola Consellería de Educación mentres que o CEIP A Reigosa, con cerca de 40 usuarios, continúa a espera de ter todos os informes favorables da Xunta de Galicia para finalizar a implantación do comedor.