As deportistas Teresa Portela e Sara Hurtado, principais referencias do 'Tour Universo Mujer' de Pontevedra
Por Redacción
Por primeira vez o 'Tour Universo Mujer' chega a Pontevedra. Entre o 6 e o 8 de marzo diversas actividades proxectarán a importancia da muller no mundo do deporte.
O venres 6 de marzo desenvolverase un foro coa presenza de grandes referencias do deporte feminino en España, ademais de xornalistas, representantes do márketing e responsables da actividade deportiva. Desta forma, a Casa das Campás acollerá tres mesas de debate nas que se analizará a igualdade no mundo do deporte.
O Foro Universo Muller comezará ás 17.00 horas coa mesa centrada na participación da muller no deporte de competición. A patinadora olímpica Sara Hurtado analizará coa profesora da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte María José Martínez Patiño que ademais é a directora do Centro de Estudos Olímpicos da Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo e a presidenta do Club Baloncesto Arxil Milagros Sanmartín .
A segunda mesa reunirá á porteira da selección española Silvia Aguete e á profesora da Facultade de Fisioterapia Iris Machado que reflexionarán sobre a muller, o deporte e a saúde. Tamén participarán xornalistas como Cristina Gallo e Ana Guantes, a piragüista olímpica Teresa Portela; a profesora de Ciencias Sociais Ana Belén Fernández Souto e a presidenta da asociación de Mulleres deportistas galegas (Mudega), Mercé Barrientos tratarán na súa exposición sobre a presenza da muller na información deportiva. As xornalistas Susana Pedreira, María Varela e Ana López encargaranse de moderar estes debates.
Este martes presentábase este evento que promove a igualdade no deporte coa presenza da deputada provincial Isaura Abelairas; o director do Tour Universo Muller, Ignacio Solana; o vicerreitor do campus Jorge Soto e o concelleiro de Deportes e tenente de alcalde de Pontevedra, Tino Fernández.
Durante o sábado 7 haberá unha exhibición de 16 deportes en distintos puntos emblemáticos da cidade a partir das 11.00 horas. A inscrición é de 4 euros máis gastos de tramitación. O domingo 8 está previsto que ás 11.00 horas comece a Carrera 'Pontevedra en forma pola igualdade', que durará ata as 13.00 horas, momento en que finalizarán o resto de actividades programadas na Praza de España.
Os deportes que se mostrarán nas distintas prazas durante esa fin de semana serán tríatlon, ximnasia, rugby, balonmán, bádminton, hóckey herba, piragüismo, fútbol, voleibol, atletismo, tenis de mesa, deportes de xeo, karate, boxeo, esgrima e surf sen ondas. Nestas actividades participan diferentes clubs da cidade co obxectivo de visibilizar a presenza da muller no deporte e na vida, explicou Tino Fernández.
Relacionadas:
-
O Tour Universo Muller chega ao seu fin e recada 2.000 euros coa carreira solidaria
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Pontevedra enche de deporte e igualdade co Tour Universo Muller
Por Almu Dapena |
-
O foro do Tour Universo Muller dá o pistoletazo de saída á fin de semana do deporte feminino en Pontevedra
Por Manu Otero |
-
Tino Fernández cualifica de "pataleta absolutamente inxustificada" as críticas do colectivo feminista á carreira do 8M
Por Oskar Viéitez |
-
Galegas 8M amosa o seu malestar con PSOE e PP por poñer "atrancos" ás manifestacións feministas de Pontevedra e Marín
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Pontevedra pedirá este 8M "corresponsabilidade" entre homes e mulleres para "equilibrar" a sociedade
Por Alejandro Espiño |
-
O lema 'Por nós, por todas' vestirá a balconada da Deputación de Pontevedra para reivindicar a igualdade
Por Sara Iglesias & Cristina Saiz |
-
Dous padriños con aspiracións olímpicas
Por Manu Otero |
-
O Tour Universo Mujer fai escala en Pontevedra para celebrar o Día Internacional da Muller
Por Manu Otero |