O Entroido da Lama desafía á choiva e enche de cor as rúas da vila
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A chuvia que caeu este sábado obrigou a acurtar o desfile do Entroido da Lama pero, en ningún caso, impediu que máis dun milleiro de persoas deran renda solta ás súas ganas de festa e animaran as rúas máis céntricas do municipio.
A organización tivo que dar por concluído o desfile cando mesmo faltaba aínda un grupo por saír, pero a pesar diso os concursantes nas dúas diferentes categorías completaron un percorrido duns dous quilómetros co público entregado e aplaudindo aos participantes.
No Entroido da Lama participaron este ano nove comparsas e os maiores premios, por este orde, foron para Os Canecos de Poio, Os Solfamidas de Campo Lameiro e os Amoriños de Bora.
Entre os grupos locais, os premios foron para A pandilla de Ponte Caldelas, Lembranzas da Lama e Onde vas, Paco? de Cerdedo-Cotobade; mentres que entre os grupos visitantes triunfaron As marchosas de Arcade e A semente de Salcedo.
La niña de comunión en toro mecánico e as propostas Labranza e Bob Esponja foron os gañadores na categoría de parella e individual e, dentro das agrupacións infantís, a mellor para o xurado foi Coidando o noso planeta, organizada pola ANPA da Lama.
A Lama goza do seu desfile de Entroido a pesar da chuvia
A chuvia que caeu este sábado obrigou a acurtar o desfile do Entroido da Lama pero, en ningún caso, impediu que máis dun milleiro de persoas deran renda solta ás súas ganas de festa e animaran as rúas máis céntricas do municipio
© Concello de A Lama