Cinco estudantes de Ciencias Sociais e da Comunicación, finalistas do certame Suroscopia
Por Oskar Viéitez
Cinco estudantes da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación: Laura Guizán, Santiago Pascual, Pedro Vilas, Cristina Yáñez e Miguel Gómez Abad, son finalistas do Certamen Universitario de Creación Audiovisual Suroscopia.
Este certame é unha iniciativa impulsada en 2011 pola Universidad de Córdoba co obxectivo xerar unha rede internacional de creadores audiovisuais procedentes de diferentes universidades.
Como finalistas, as súas curtas formarán parte, en abril, dun ciclo da Filmoteca de Andalucía, e os seus directores participarán, xunto aos gañadores dos premios do público de Suroscopia, no seminario que completa a programación do festival.
Na categoría de ficción foron seleccionadas as curtametraxes "A nigunha parte", "Ti tamén" e "Na memoria da túa esposa", , na modalidade de documental, a Universidade de Vigo estará tamén representada por partida dobre con "Cuncas" e "El ciclo".