Novo récord de transporte de compoñentes eólicos no porto de Marín
Por Redacción
O porto de Marín volveu a bater un récord de descarga de compoñentes eólicos. O buque BBC Reef arribou á dársena pontevedresa procedente de Estados Unidos para realizar un embarque de torres eólicas similar ao realizado hai apenas un mes e que bate ese novo récord no movemento destas pezas nun só buque.
En total, cargaron 66 pezas que chegaron ao porto de forma graduada en transportes especiais e serán enviadas ata o seu destino no porto de Searsport, no condado de Maine (EEUU).
O buque é consignado polo Grupo Nogar, unha empresa altamente especializada no movemento de compoñentes eólicos, pois requiren unha delicada operativa para a que se empregou, ademais de varias máquinas reach stacker, o potente guindastre automóbil coa que conta a empresa marinense.
As operacións realízanse no novo peirao comercial de Marín. O mercante conta cunha eslora de 161,48 metros, unha manga de 25,21 metros e un calado de 8,60 metros.
O tráfico de compoñentes eólicos é un dos de mercadoría xeral nos que está especializado o porto de Marín. En 2019, o capítulo no que se enmarca esta mercadoría experimentou un crecemento do 28%.