Intervención nocturna dos bombeiros para sufocar o lume nunha cociña de Gutiérrez Mellado
Por Redacción
Durante a noite deste xoves producíase un novo incidente nunha cociña dunha céntrica rúa de Pontevedra. Os Bombeiros do Parque de Pontevedra desprazábanse, pasadas as 22.30 horas, ata o edificio número 7 da rúa Xeneral Gutiérrez Mellado.
Nunha das vivendas orixinouse un incendio nunha tixola. Ata o lugar tamén se desprazaban axentes da Policía Local. Segundo o relato dos bombeiros, a persoa que se atopaba cociñando asustouse #ante a presenza das chamas e ao tentar apagar o lume, moveu a tixola provocando que se estendese por algúns mobles da cociña e pola campá extractora.
A intervención dos bombeiros evitou que o lume afectase a outras zonas da vivenda. Non se rexistraron danos persoais e todo quedou nun susto.