A Boa Vila cumple coa tradición de pedirlle as Tres Grazas ao Nazareno
Por Redacción
Centos de persoas volverán pasar durante todo este venres pola capela da rúa Tetuán para cumprir coa tradición de pedir as Tres Grazas ao Nazareno como ocorre cada primeiro venres do mes de marzo.
Fronte ás longas colas doutros anos, nesta ocasión o fervor relixioso foi menor. Atendendo ás explicacións que deron esta mañá as vendedoras de velas e rosquillas que instalaron os seus postos na zona, este venres están a acudir menos devotos.
A capela, antiga sancristía do desaparecido templo de San Bartolomeu O Vello, é citada varias veces a finais da Idade Media como unha pequena construción barroca que ten embutida na súa fachada unha pequena imaxe en pedra da Virxe.
A tradición dita que o crente pide os seus tres desexos ante o Ecce Homo, aínda que só una desas peticións cumprirase.
Relacionadas:
-
Pontevedra acode á súa cita anual co Nazareno
Por Redacción |
-
Cita multitudinaria coas 'tres grazas' en San Bartolomeu
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
A celebración das Tres Grazas trasládase este ano a San Bartolomeu
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O arcebispo emérito de Sevilla será o pregoeiro da Semana Santa pontevedresa
Por Redacción |