Cerdedo-Cotobade celebra o Día da Muller co documental 'Coma min, moitas'
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A sala de usos múltiples de Carballedo foi escenario este domingo da proxección do documental 'Coma min, moitas', dentro da programación municipal de Cerdedo-Cotobade con motivo do Día Internacional da Muller.
Este traballo audiovisual rodouse durante o campo internacional de traballo do 2019 que tivo lugar no municipio cotobadés, narrando as experiencias de tres veciñas do Concello en materia de igualdade.
O traballo está coordinado por Julia Castro, Xabi López e Miguel Grandío.
Á proxección acudiu a directora xeral d Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, Cristina Pichel, destacando a importancia de concienciar á mocidade sobre o papel da muller na sociedade como camiño para lograr unha maior igualdade.