Interceptan 160 quilos de cocaína ocultos nun contedor procedente de Sudamérica no porto de Marín
Por Natalia Puga
Unha operación realizada de forma coordinada entre a Garda Civil e o Servizo de Vixilancia Aduaneira permitiu interceptar un alixo de 160 quilos de cocaína oculto nun contedor que chegara ao porto de Marín nun buque procedente de Sudamérica.
Segundo a información facilitada pola Garda Civil, o alixo foi localizado na madrugada do sábado 7 de marzo no transcurso dunha das inspeccións que habitualmente se realiza aos contedores que previamente foron seleccionados pola Garda Civil e Aduanas.
A droga estaba oculta nun contedor que transportaba material para a construción. En concreto, os 160 quilos estaban en catro bolsas.
Segundo as investigacións realizadas, o contedor chegou o sábado ao porto de Marín a bordo dun buque que procedía de Sudamérica e tiña destino a Vigo. Previamente, efectuara escalas en Balboa (Panamá) e Alxeciras.
Os narcotraficantes utilizaron o método do 'gancho cego', aproveitando o transporte dunha mercadoría legal para romper o precinto e introducir a droga sen que tivesen coñecemento os responsables do envío. A investigación continua aberta para identificar as persoas encargadas de retirar a droga do contedor que terían que repoñer os precintos novos.
Relacionadas:
-
Desarticulan a organización máis activa de Europa na introdución de cocaína a través dunha operación iniciada en Marín
Por Redacción |
-
Intensa actividade no Porto de Marín para garantir as subministracións básicas
Por Redacción |
-
A Fiscalía mantén 9 anos de cárcere para o acusado de introducir 22 quilos de coca no porto de Marín
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
O acusado de introducir 22 quilos de cocaína polo porto de Marín deféndese: "Me enteré por la Guardia Civil"
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
Atopan 663 quilos de cocaína ocultos entre plátanos no porto de Marín
Por Alejandro Espiño |
-
Atopan 200 quilos de cocaína ocultos nun contedor no porto de Marín
Por Redacción |