Denuncian o Concello no xulgado polos danos causados polas obras do local de Ferreiros
Por Oskar Viéitez
O Partido Popular informou que a comunidade de propietarios do edificio do número 28 da rúa Ferreiros denunciou o Concello de Pontevedra polos danos causados polas obras no baixo deste inmoble para acondicionar as futuras oficinas municipais de Urbanismo e Tesourería.
O concelleiro do PP de Pontevedra Pablo Fernández criticou "a falta de exemplo e consideración" do Concello coa comunidade de propietarios. "Entendemos que os veciños acudisen aos Tribunais para esixir á Administración local responsabilidades por unha obra que se realizou sen permiso dos veciños, unha actuación na que se alterou a fachada e afectou a elementos comúns do inmoble", dixo o edil popular.
Fernández criticou que o Concello actuou "de maneira unidireccional, sen permiso, causando gretas e humidades que xa constan no informe pericial que encargou a comunidade".
Desde o PP concordan cos veciños en que se trata de "un atropelo inxustificable" e reprochan que o concello "campa ás súas anchas e fai o que quere saltándose as normas que logo require para os demais".
Finalmente, Pablo Fernández mostrou a súa intención de levar este tema á próxima comisión informativa pertinente para que o Concello das "explicacións, xa que non contestaron aos doce escritos que han presentados os propietarios".