O coronavirus obriga a suspender o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra
![Alejandro](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/dee/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/5624216432-20150128-patxot-alex-espino-002.jpg)
Por Alejandro Espiño
Resistira ata o de agora pero, ante o avance do coronavirus, non puido aguantar máis. O Concello de Pontevedra confirmou que, desde esta mesma tarde, suspéndese o Salón do Libro Infantil e Xuvenil que acollía o Pazo da Cultura desde o pasado venres.
O goberno municipal adoptou esta medida despois da instrución da Xunta de Galicia e o Ministerio de Sanidade, que recomendaban a suspensión de eventos masivos.
Xa nos últimos días, o Concello aumentara o dispositivo de limpeza en torno ao Salón do Libro Infantil e Xuvenil, instalando dispensadores de xel desinfectante e reforzando a presenza de persoal de limpeza.
Xunto co salón, tamén se suspenden ata novo aviso o resto de actividades impulsadas pola administración municipal, entre elas as Noites Abertas.