Un conductor bébedo e co carné retirado provoca un accidente de tráfico en Poio con dous feridos
Por Oskar Viéitez
A Policía Local de Poio abriu unha investigación a un veciño de Pontevedra, de 41 anos de idade, como presunto responsable de dous delitos contra a seguridade viaria, despois de verse implicado nun aparatoso accidente rexistrado na rúa Pedro Soto Couselo, en Campelo, na tarde do día 12 de marzo.
Segundo informaron fontes oficiais do Concello, o sinistro tivo lugar ás 19.40 horas cando un vehículo se saíu do seu carril, impactando contra outro turismo estacionado e, posteriormente, contra outro automóbil que circulaba polo carril contrario.
As probas de alcoholemia realizadas ao suposto responsable do accidente arroxaron uns resultados de 0,97 e 0,88 mg/l de alcol en aire expirado, unha cantidade que supera os parámetros permitidos pola normativa vixente.
Ademais, os axentes policiais constataron que o home perdera a vixencia do permiso de condución. Ante estes feitos, o corpo de seguridade municipal realizou as pertinentes tramitacións para que o condutor sexa citado para un xuízo rápido.
O accidente provocou importantes danos materiais e dous feridos de carácter leve. Ambos son veciños de Poio viaxaban no interior do vehículo que circulaba de xeito correcto.
No operativo de seguridade establecido colaboraron integrantes da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Poio.