Unha semana despois da inauguración, as chuvias provocan asolagamentos na contorna do novo Nó do Pino
Por Redacción
O 20 de xullo, a ministra de Fomento, Ana Pastor, acompañada dos representantes políticos da cidade e da Xunta de Galicia inauguraba o novo trazado do Nó do Pino asegurando que resolvería os problemas de tráfico para os próximos 30 anos. Non foi necesario esperar tanto tempo para apreciar as primeiras deficiencias da obra. Oito días máis tarde, tras as primeiras chuvias que caen con forza sobre a cidade, a calzada viuse inundado no acceso á rotonda da armazón viaria dende a Avenida de Vigo.
Numerosos condutores víronse sorprendidos pola cantidade de auga que se acumulaba na zona e mostraban a súa indignación debido ao problema que pode levar consigo dende o punto de vista da seguridade do tráfico rodado.
Como se pode apreciar nas fotografías, ao longo deste traxecto, a auga alcanzaba os baixos dos vehículos e os condutores reducían notablemente a velocidade para circular pola zona.
O presuposto de investimento nesta obra na que estiveron implicadas as tres administracións (Concello, Consellería de Infraestruturas e o Ministerio de Fomento) ascendía a 9,8 millóns de euros, cantidade que sumada ao custo de redacción do proxecto, ao importe estimado das expropiacións (3,7 millóns de euros) e á asistencia técnica para o control e vixilancia da obra alcanza un investimento total de 14,3 millóns de euros.
Relacionadas:
-
Fomento e Concello de Pontevedra axeitarán o Nó do Pino
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello traslada a Fomento a súa preocupación polas inundacións no Nó do Pino
Por Oskar Viéitez |
-
Entra en servizo o novo Nó do Pino, que resolverá os atoamentos de entrada a Pontevedra "por 30 anos"
Por Natalia Puga |
-
As obras do Nó do Pino afrontan as súas últimas semanas
Por Oskar Viéitez |