A área sanitaria suma 24 novos positivos por coronavirus nun día e por primeira vez un entra na UCI
Por Natalia Puga
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés sumou nas últimas 24 horas un total de 24 novos casos activos de pacientes por coronavirus. Así, segundo a última actualización de datos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, fronte aos 59 positivos que había o xoves, este venres xa son 83.
Segundo as cifras oficiais facilitadas, deses 83 casos confirmados, 66 son pacientes que están illados nos seus domicilios, pero un total de 17 están hospitalizados. Un deses pacientes está no Hospital do Salnés e os outros 16 no Hospital Montecelo. Neste centro, 15 están en planta e un está na UCI .
Desta forma, a área sanitaria pontevedresa ten por primeira vez a un paciente grave na UCI desde o inicio da emerxencia sanitaria polo coronavirus.
Na última actualización de datos realizada pola Consellería de Sanidade, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 567, deles 152 son da área da Coruña, 46 da de Lugo, 63 da de Ourense, 108 da área de Vigo, 94 da de Santiago, e 21 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 19 permanecen en UCI, un deles en Pontevedra; 137 están en unidades de hospitalización, 17 en Pontevedra; e 411 no domicilio. Por agora, en Galicia rexistráronse 5 altas de pacientes e 6 falecementos, un deles un paciente do Hospital Montecelo o pasado sábado. O último falecido foi un home de 89 anos, con múltiples patoloxías complexas previas, que estaba ingresado no Hospital de Monforte.
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.
O Sergas ten a disposición da cidadanía unha páxina web (https://coronavirus.sergas.es), na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.
Relacionadas:
-
Medio cento de pacientes hospitalizados por coronavirus na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés
Por Natalia Puga |
-
Pontevedra suma 164 positivos por coronavirus, ten seis casos na UCI e constata a curación de dous pacientes
Por Natalia Puga |
-
A área sanitaria suma 136 casos activos por coronavirus, do que 33 están hospitalizados e 3 na UCI
Por Natalia Puga |
-
Ascenden a 112 os positivos por coronavirus na área sanitaria de Pontevedra, 29 novos nun día
Por Natalia Puga |
-
A televisión será un servizo gratuíto nos hospitais de Pontevedra
Por Redacción |
-
Sanidade xa fai en Pontevedra as probas no coche para detectar o coronavirus
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
Pontevedra rexistra 59 positivos por coronavirus, once no hospital e 48 nos seus domicilios
Por Alejandro Espiño |
-
Aumentan a 47 o número de positivos por coronavirus na área sanitaria de Pontevedra, 8 no hospital
Por Natalia Puga |
-
A área sanitaria suma 11 novos positivos por coronavirus nun día e ten 37, seis deles hospitalizados
Por Natalia Puga |