As traballadoras de cociña do Hospital provincial plantan á empresa por "tomarnos el pelo"
Por Oskar Viéitez
A entrada principal do Hospital Provincial acolleu este luns unha nova concentración das traballadoras da cociña do Hospital Provincial que veñen denunciando unha serie de incumprimentos do convenio colectivo por parte da empresa concesionaria do servizo, Mediterránea de Cátering.
Este 29 de xullo formulábase como un punto de inflexión neste conflito laboral xa que estaban previstas varias reunións por parte da adxudicataria, unha coa xerencia do Complexo hospitalario e outra co equipo de traballadoras.
Non obstante, segundo explicou o secretario comarcal de Comisións Obreiras, José Luis García Pedrosa, as traballadoras de cociña do Hospital provincial plantaron a reunión coa empresa ao considerar "unha tomadura de pelo" a proposta de Mediterránea de Cátering.
Para a súa sorpresa a empresa "non tiña intención de falar dos seus incumprimentos"
Unha representación das traballadoras acudiu ás 15:00 horas ao encontro, pero para a súa sorpresa a empresa "non tiña intención de falar dos seus incumprimentos, entre outros, a eliminación e redución dás pagas extra de decembro e xullo a pesar de que non se modificaron ás condicións do contrato de adxudicación que ten coa administración".
"Xa houbo unha sentencia sobre a equiparación profesional, e a empresa foi condeada a pagar pero a día de hoxe segue sen incorporalo a nómina, co que houbo que presentar unha nova demanda", o caso foi que este martes a empresa anuncioulles que estaba disposta a pagar esta equiparación profesional sen ter que ir de novo a xuizo "e dende logo nos non estamos de acordo porque xa sabemos que iso o temo gañado asi que ao non querer falar dás pagas extra levantámonos dá reunión", explicou Pedrosa.
Agora as traballadoras formúlanse unha nova mobilización para este mércores 31 de xullo, pero esta vez, ante a sede da xerencia do CHOP na Avenida de Vigo.
Relacionadas:
-
Nova protesta gastronómica das traballadoras de cociña dos hospitais de Pontevedra
Por Anxo Lourido |
-
Quen se está a levar os cartos das traballadoras da cociña do Hospital Provincial?
Por Oskar Viéitez |
-
Traballadores da cociña do Hospital Provincial denuncian a aplicación de recortes nos seus salarios
Por Anxo Lourido |
-
Comisións Obreiras denuncia que a concesionaria do servizo de cociña do CHOP non abonou a extra de decembro
Por Oskar Viéitez |