A familia Sachoconto quere que lles fagas chegar os teus contos
Por Redacción
PontevedraViva Radio segue ofrecendo nestes momentos de confinamento os seus contidos a través dos seus podcast. E quere, se nos axudas, ampliar os seus contidos. Pretendemos conseguilo facéndo que sexas máis protagonista que nunca dos seus programas.
A familia Sachoconto saíu do seu arquivo para abrirse de novo ás historias dos máis pequenos da casa. A nosa proposta é a seguinte: aproveitar os momentos de lectura de contos, de libros, de redacción de contos ou de historias entre os escolares para compartilas a través da familia Sachoconto.
Propoñemos que graves esa lectura. Por exemplo: "ola, chámome Rober Castro e estou a ler O Principiño. Hoxe toca este capítulo...", cinco ou dez minutos de gravación son suficientes. Se tes un pequeno máis creativo e quérenos relatar o seu propio conto ou historia, estaremos encantados de compartila no programa.
Podes enviar as túas gravacións ao seguinte correo electrónico: info@pontevedraviva.com e saberás ademais o seu momento de emisión a través do twitter de PontevedraViva Radio: @PVivaRadio
Veña! será outra forma de facer algo novo nestes días en que hai que quedar na casa e que ademais servirá para entreter a outros pequenos e adultos.
Relacionadas:
-
RADIO.- A playlist de... Silvia Aguete, a mellor porteira do mundo en fútbol sala
Por Cristina Saiz & Marisa Ciordia |
-
RADIO.- Horas de entretemento e información en PontevedraViva Radio para o tempo de confinamento
Por Redacción |
-
RADIO.- Unha lección desde as Conversas na Ferrería: "as persoas maiores non podemos poñernos cortapisas"
Por Marisa Ciordia |