VIDEO.- Os mestres das Doroteas téñeno claro: "Queda na casa. Todo vai a saír ben"
Por Alejandro Espiño
Todo vai saír ben. É a frase máis repetida estes días no noso país. Os ánimos ante un confinamento que dura xa máis de dúas semanas foron unha constante en redes sociais e nos balcóns dos cidadáns. Unha mensaxe que, ademais, lonxe de perder o seu significado por tanto uso, parece máis necesario que nunca.
Iso, polo menos, é o que pensou o profesorado do colexio Doroteas de Pontevedra. A través dun vídeo que, cada un deles, gravou nos seus propios domicilios, quixeron animar aos nenos e nenas da súa comunidade escolar para sacarlles un sorriso en plena corentena.
Para iso, empregan unha canción que, nestes momentos tan complicados, converteuse en todo un himno, o "Quédate en tu casa", un tema colaborativo entre artistas da talla de Álvaro Soler, David Otero, Sofía Ellar, Bely Basarte, Rayden ou La Pegatina.
O vídeo, cargado de bo rollo, emoción e optimismo, pide a todo o alumnado que durante esta corentena queden en casa, cumprindo así co que nos piden as autoridades.
"Non se che acaba o tempo, acumúlanse para despois os bicos que non se deron", comeza a canción, na que os profesores das Doroteas mostran os seus dotes, descoñecidos para moitos, para as artes escénicas.
Para os pequenos que, este confinamento empézase a facer bastante duro, ao estar lonxe dos seus amigos e encerrados en casa, seguro que a mensaxe dos profesores que, con tanto esforzo, axúdanlles a avanzar na vida será todo un xute de enerxía.
Relacionadas:
-
VíDEO.- O colexio Doroteas rivaliza con Netflix na producción de vídeos
Por Redacción |
-
VIDEO.- Familias do colexio Vilaverde animan a corentena cun divertido vídeo
Por Redacción |
-
VÍDEO.- O CEIP A Laxe anima a quedarse na casa a través dun divertido vídeo
Por Redacción |
-
VIDEO.- O IES Chan do Monte baila ao ritmo de 'Safe and Sound' contra o coronavirus
Por Redacción |
-
O profesorado de Tenorio versiona a Estopa e Rozalén para animar á comunidade escolar
Por Redacción |
-
VÍDEO.- O boxeador Aarón González adestra na casa 'a zapatillazos'
Por Redacción |
-
VÍDEO.- O Pontevedra Rugby Club adestra na casa... á súa maneira
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Policías, voluntarios e sanitarios fúndense nun aplauso en Montecelo
Por Diego Torrado & Redacción |