Hummus con puré de atún claro Pescamar

CC BY-NC-SA Alana Harris en Unsplash

© Conservas Pescamar

© Conservas Pescamar
Chegamos a unha nova entrega de "A cociña gourmet en conserva" cunha deliciosa receita de hummus, un prato típico de Oriente Próximo, que se elabora principalmente con garavanzos machucados, zume de limón, allo e aceite de oliva, e ao que imos engadir as múltiples propiedades do atún claro de Conservas Pescamar.
O atún destaca pola súa achega en proteínas, superior ao dalgunhas carnes. O seu alto contido en Omega-3 beneficia a saúde do corazón e regula os niveis de colesterol e triglicéridos. A estas importantes calidades, hai que engadir os beneficios da súa presentación en aceite de oliva, que ademais contribúe a potenciar o seu sabor.
Para preparar este saboroso Hummus con puré de atún claro Pescamar necesitamos os seguintes ingredientes (para catro persoas):
- 2 latas medianas de atún claro en aceite de oliva Pescamar
- 500 g de garavanzos cocidos
- 2 culleradas de aceite de oliva virxe extra
- 3 dentes de allo
- Zume de 1 limón
- Auga
- Sal
- Pemento
- Comiño moído
- Pementa negra
- Pan de pita ou pan do día anterior torrado
Preparación:
Pasamos os garavanzos polo pasador de puré. Colocámolos nun bol, onde trituramos os demais ingredientes (agás o atún claro) mentres engadimos auga ata conseguir a textura desexada, é dicir, unha pasta espesa e homoxénea.
Á parte, esmiuzamos o atún claro en aceite de oliva Pescamar e machucámolo ata obter unha pasta. Imos rectificando co aceite de oliva da lata ata que a textura sexa cremosa.
Para empratar, colocamos primeiro o puré de atún claro nun prato fondo. Enriba, a crema de hummus. Poñemos pan de pita ou pan do día anterior tostado como acompañamento.
En dúas semanas, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.
Relacionadas:
-
Tortilla xaponesa con luras en salsa americana Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Galletas salgadas con ensalada de atún mediterránea Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Arroz frito ao estilo tailandés con mexillóns gourmet Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Empanada de xoubas en aceite de oliva gourmet Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Conservas Pescamar e Gastroteca Kamal cociñan unha lasaña triscante de ventresca con berberechos
Por Noticia patrocinada |